30/12/17

O alumnado recomenda

Para despedir o ano, a alumna Paula Campaña de 4º de EP fainos a seguinte recomendación lectora: 
CARLOTA Y EL MISTERIO DE LA CATEDRAL GÓTICA


"Quero recomendar este libro porque eu penso que é moi divertido. Trata de seis amigos que viven aventuras sen fin.
Cando empecei a ler este libro parecía que eu estaba dentro do libro. Era máxico."

28/12/17

O alumnado recomenda

Atentos á recomendación que nos fai Alicia de 4º de EP sobre o libro:

Los más bellos cuentos de Princesas


"Quero recomendar este libro porque é moi divertido e marabilloso. Trata dos contos que xa coñecemos pero esta vez contados por Barbie.
Cando comecei a súa lectura, sentín que estaba nun mundo máxico e por iso gústame tanto este libro que vos recomendo"

26/12/17

Actividades de Nadal

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foron algunhas das actividades levadas a cabo ao longo da última semana antes do Nadal.


Recomendacións lectoras de nadal

Achegamos as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal e aproveitamos para desexarvos a tod@s unhas felices festas!!!!











O alumnado recomenda


Nestes días de nadal é Mariña de 4º de EP a que nos achega a súa recomendación lectora!!







"Junie B. Jones perdeu unhas manoplas que lle regalou o seu avó.
Qué terá que facer Junnie B. Jones para encontrar as súas manoplas??
Recoméndovos a súa lectura para que o poidades descubrir!!!
Junie B. Jones non é  un  ladrona….."

18/12/17

O ALUMNADO RECOMENDA

Ola!!!

Son Paula Bernárdez, alumna de 4ºA de Educación Primaria do CPI PROGRESO de Catoira.

Quero recomendar o seguinte libro:  “ LA CASA DEL ÁRBOL”

Recomendo este libro porque é moi divertido e bastante raro.
Tratase de dúas rapazas que se trasladan a vivir a un árbol xigante porque están  fartas dos edificios
O libro gústame porque é moi entretenido.


Anímovos a súa  lectura!!!

15/12/17

O alumnado recomenda

Ola!!!

Son Xiana Castiñeiras Coira, alumna de 4ºA de Educación Primaria do CPI PROGRESO de Catoira.

Quero recomendar calquera libro de “ MORTADELO Y FILEMÓN” .

Recomendo estes libros porque axudan a entonar os persoaxes. Son libros  de aventuras. Os seus persoaxes son moi graciosos, sobre todo Mortadelo. Ten disfraces para todo e é moi exaxerado.
Filemón, a súa parella de traballo,  tamén é gracioso cando cae nas trampas de Mortadelo.
Mortadelo e Filemón teñen un xefe que é o que lles manda de misión.

Nestes libros de aventuras, ademais do texto, tamén aparecen viñetas con ilustracións.

Non é un libro calquera, senón que se trata dun comic!!!!

A qué esperades??? Veña e ide á biblioteca a pedir prestado un !!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...