DÍA INTERNACIONAL DA ESTATÍSTICA

En febreiro de 2010, a Comisión de Estatística das Nacións Unidashttps://www.un.org/es/observances/statistics-day propuxo celebrar o 20 de outubro o como Día Mundial da Estatística. Daquela levamos 10 anos de celebración, pensaredes… Mais non é así. Só se conmemora cada cinco anos. Curioso, non si?

Neste día cinco nomes veñen á nosa mente: a profesora Mª Ángel e o seu alumnado: Sabela, Pablo, Nacho e Andrea (malia que esta última xa non está no instituto). O traballo deste equipo foi moi valorado pola SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións)

IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

O pasado 18 de xuño na aula magna da Facultade de  Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, proclamáronse GAÑADORES do “IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos”  o alumnado  de 1º da ESO do noso instituto: Pablo Araújo Rodríguez, Ignacio Canosa Gómez,  Sabela Fiaño García e Andrea G. Ugarte Cervantes dirixidos pola profesora de matemáticas  María A. Martínez Rodríguez.

Do 2 ao 4 de xullo competirán na Fase Nacional que se celebrará en Pamplona.

Os nosos parabéns pola calidade acadada no seu proxecto titulado “COCHES VS. CO2.

 

descarga