Sabela Ramil foi a primeira concursante do programa Operación Triunfo que cantou un tema en galego. Leva o galego e a súa cultura por bandeira e no seu primeiro traballo, "Despedida", inclúe un par de temas nesta lingua. Onte foi unha das protagonistas das Entrevistas, unha actividade impulsada pola concellaría de Normalización Lingüística, no Parque dos Gafos xunto a Patricia Hermina, fundadora da Asociación de Mulleres na Industria Musical.

-Foi a primeira persoa na historia de Operción Triunfo en cantar en galego, era consciente do que significaba?

-Realmente dinme conta ao salir. Para min é algo natural, entón tampouco lle daba tanta importancia, pero entendo a importancia de que existan referentes tanto do galego como de outras linguas.

-No seu primeiro traballo inclúe cancións en galego. Gustaríalle cantar por completo nesta lingua?

-A min o que me sae é combinar. Hai temas que me saen en castelán e outros en galego e quero ir nesta liña. As cancións que entran no disco son porque merecen un espazo musicalmente aí. O tema da lingua non é prioritario para decidir iso.

-Pensa que o galego podería ser un freo de cara a que a súa música medre?

-Eu canto nos dous idiomas e non podería valorar iso ao 100%. A miña experiencia é que quen me segue se aprende os temas en galego e non falan galego. É máis, a música que escoitas ou como é o artista en si ou o proxecto que a lingua. É certo que cada vez hai menos fronteiras e a xente está aberta a escoitar outros idiomas.

-Iso pode ter que ver tamén co uso das redes sociales...

-Si.Hai moitísimos máis medios para chegar á xente, xa non só en España, tamén a nivel internacional. Moitísima xente ségueme dende Latinoamérica e esfórzanse por entendelo e a verdade que é moi fermoso e di que hai un cambio e a xente ve máis fortaleza na diversidade.

-Coñecía a Patricia Hermida e seu traballo?

-Si. Coñézoa dende hai pouco.

-Como foi a súa experiencia na industria musical neste sentido?

-A miña idea sobre a industria musical era bastante vaga. Dinme conta de que hai moitas partes da industria que funcionan con modelos diferentes. É certo que traballo con poucas mulleres. De feito estou facendo bastantes cambios no proxecto e un deles e incluír máis mulleres porque dinme conta de que só traballo con homes: productores, músicos? Dinme conta de que faltaba máis representación. Comento coas compañeiras que hai actitudes en torno ao xénero que non son boas. Por exemplo, nunha proba de son normalmente pregúntanlle ao artista como quere o son. No meu caso, xeneralmente pregúntanlle antes ao guitarrista que a min, cando o proxecto é meu. Non me pasa só a mín, pásalle a moitas mulleres e é algo para reflexionar. A falta de mulleres na industria faise moi evidente cando entras no mundo dos técnicos, mánagers, etcétera.

-Tiña plantexada a xira do primeiro disco; como se plantexa o verán agora?

-O que tiñamos plantexado non se pode levar a cabo, entón estou adptándome e facendo as cousiñas que se poidan.

-En que está traballando actualmente?

-Loxisticamente agora sacar un disco é inviable porque non podes xirar. Por iso estamos facendo temas individuais e estoume centrando na liña de "Despedida" ou algo máis indie.

-Que tal leva esta nova etapa despois da febre de Operación Triunfo?

-A verdade e que eu síntome máis cómoda nesta etapa de traballo e constancia. Sobre todo porque é algo que nace de ti. Obviamente hai moitos factores para que algo funcione ou non, pero eu podo controlar ou tomar decisións sobre o que vou facer.

-Iso obrigoulle a vivir fóra de Galicia...

-Si. A miña residencia actualmente está en Madrid, pero é certo que veño moito. É máis fácil acudir a máis eventos ou traballar con outros artistas alí. Aínda que traballo moito con moita xente de aquí. Saír fora está ben, para abrirte a outras cousas e logo volver.