Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta apoia aos concellos de Vilagarcía, A illa, Lalín, Vila de Cruces, Caldas, Tomiño e Ponteareas para impulsar dez proxectos de enerxías renovables cun investimento de 158.000?

? Trátase de seis instalacións de enerxía térmica con biomasa e catro de aproveitamento solar fotovoltaico en equipamentos públicos de carácter social, cultural, educativo, deportivo, institucional e comercial

? Trátase de seis instalacións de enerxía térmica con biomasa e catro de aproveitamento solar fotovoltaico en equipamentos públicos de carácter social, cultural, educativo, deportivo, institucional e comercial

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, sinalou esta mañá que o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, apoia aos concellos de Vilagarcía, A Illa de Arousa, Lalín, Vila de Cruces, Caldas de Reis, Tomiño e Ponteareas impulsando dez proxectos de enerxías renovables e eficiencia enerxética cun investimento global de 158.248€.

 

A representante autonómica informou da aprobación destas iniciativas, que serán cofinanciadas polo Goberno galego cunha achega media do 80%, nunha reunión telemática celebrada esta mañá con representantes destes sete municipios da área territorial. Os proxectos aprobados consisten en seis actuacións de produción enerxética a partir de estufas ou caldeiras de biomasa e outros catro de aproveitamento solar fotovoltaico para a xeneración de electricidade en equipamentos públicos municipais de carácter social, cultural, educativo, deportivo, institucional e comercial.

 

Luisa Piñeiro detallou as axudas que recibirán os concellos por parte do Inega e destacou a importancia destes proxectos, “xa que serven para promover o aforro enerxético reducindo en ata o 60% a factura que pagan as administracións por este servizo a través do autoconsumo e tamén para diminuír os niveis de enerxía ao tempo que se incrementa a eficiencia e se reducen os niveis de contaminación e as emisións de dióxido de carbono”.

 

“A Xunta de Galicia segue co seu labor de apoio aos concellos en todas as áreas e atendendo ás súas necesidades e, loxicamente, unha cuestión de tanta importancia como a eficiencia enerxética, que permite aforrar recursos e dotar aos espazos públicos de maior confortabilidade, está entre as prioridades do Goberno galego”, manifestou a delegada territorial.

 

En canto aos proxectos aprobados, o Concello de Vilagarcía é o máis beneficiado en termos numéricos coa concesión de tres para a instalación de estufas de aire de biomasa no Centro Cultural Breogán, o Centro Sociocultural de Guilán e a Escola Vilar en Bamio cun investimento total de 18.147€. Tamén na bisbarra do Salnés outorgóuselle un proxecto ao Concello da Illa de Arousa para a instalación de 39 módulos de enerxía solar fotovoltaica na Escola Infantil A Galiña Azul orzamentados en 16.763€.

 

Na comarca do Deza, están aprobados a instalación dunha calefacción de biomasa por pellets cun silo de 3 toneladas no Auditorio de Vilatuxe, no Concello de Lalín, cun investimento de 29.949€ e unha estufa no local social de Añobre, en Vila de Cruces, cun custe de 2.790€. En Caldas de Reis, a Xunta concedeu financiamento para sufragar unha caldeira de biomasa, complementada cun silo de 6 toneladas e depósito de 1.500 litros, no Campo de Fútbol das Corticeiras, na que se investirán 29.423€.

 

Finalmente, no Baixo Miño e o Condado haberá dous proxectos de eficiencia no Concello de Tomiño, que disporá de 32 paneis solares fotovoltaicos no Multiusos de Goián e na Casa do Concello cun orzamento de 14.228€, e no Concello de Ponteareas, no que se investirán 46.948€ para a instalación de 105 paneis. Esta infraestrutura, a de maior calado nesta quenda de axudas na área territorial de Pontevedra, instalarase na Praza de Abastos, pero tamén xerará enerxía para autoconsumo na Biblioteca Municipal e o Auditorio, que se atopan no radio permitido inferior a 500 metros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: TURISMO RIAS BAIXAS