Inspírate coas historias de Street View

Imaxe de Zanzíbar

Zanzíbar

Observa como che explica o colectivo de fotógrafos de confianza de Street View World Travel in 360 (WT360) en que consiste o Proxecto Zanzíbar, a iniciativa que están levando a cabo xunto co goberno tanzano para crear mapas de Zanzíbar. Federico Debetto, Nickolay Omelchenko e Chris du Plessis viaxaron a Tanzania para sentar as bases do traballo de creación de mapas do arquipélago, ensinar á xente do lugar como funciona a fotografía con Street View e pór en marcha un modelo sostible para que sexa a propia comunidade a que continúe o proxecto.

Imaxe de Myanmar

Myanmar

Descubre Birmania con este vídeo, no que se amosa o incrible traballo do fotógrafo Nyi Lynn Seck e do seu equipo de 3XVIVR Productions. 3XVIVR dedicou moito tempo e esforzo a este proxecto tan especial, co obxectivo de dixitalizar Birmania con Street View e preservar o patrimonio cultural do país en 360 graos.

Imaxe: Zimbabwe

Zimbabwe

Observa como conta Tawanda Kanhema a súa historia sobre a creación de mapas de Zimbabwe con Street View. Tawanda volveu ao seu país natal, Zimbabwe, para engadir a Google Maps imaxes de Street View de Harare, a capital, e das cataratas Victoria, destino turístico internacional. Recentemente decidiu engadir ao proxecto outras localizacións de Zimbabwe.

Imaxe de Kenya

Kenya

Coñece algúns dos Local Guides e fotógrafos de confianza de Street View que se dedican a crear mapas de Kenya. O que buscan é contribuír a que todo o mundo poida gozar da incrible beleza de Kenya grazas á ferramenta Street View, o último en tecnoloxía.

Imaxe de Armenia

Armenia

Escoita a Joe Hacobian, un dos fundadores da organización sen ánimo de lucro Armenia360. No cumio Street View de 2019 que se celebrou en Londres, Joe falou da viaxe que fixo o seu equipo para crear mapas da que foi a terra dos seus antepasados. Esta é unha historia sobre como calquera persoa pode conseguir pór no mapa os lugares que lle importan grazas a Street View.

Imaxe: Illas Bermudas

Illas Bermudas

Descubre como a Autoridade de Turismo das Bermudas, unha organización de márketing de destinos, contratou os servizos de Miles Partnership, unha axencia de confianza de Street View, para tomar imaxes de Street View. Coa axuda de Miles Partnership, a Autoridade de Turismo das Bermudas puido optimizar a súa presenza en liña en Google Maps, aumentar a notoriedade dos negocios locais e axudar aos turistas a visitar virtualmente as illas Bermudas para planificar as súas viaxes (ou para soñar con elas).

Imaxe: Tonga

Tonga

Os fundadores de Grid Pacific, Tania Wolfgramm e Wikuki Kingi, documentan a súa viaxe por Tonga para crear mapas. Para promover a cultura de Tonga e doutras illas do Pacífico, decidiron trazar un plan ambicioso para crear mapas de todo o arquipélago e engadilos a Street View. Descubre aquí a súa marabillosa historia.